Skip Navigation
fediverso.gal @foros.fediverso.gal ghose @foros.fediverso.gal

Alt Text, ente descoñecido no Fediverso Galego

mastodon.gal mastodon.gal

mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade galega.

mastodon.gal

#AltText

a porcentaxe de imaxes publicadas no mastodon.gal que teñen un texto que as describe é mínima. Non todas as persoas actúan do mesmo xeito, pero tendo habilidade e tempo para escribir media dúcia de cancelos que acompañan á publicación, tampouco é un traballo enorme engadir unha breve descrición á imaxe e axudar así a persoas con dificultades visuais, a aportar contexto ao que se ve, a que os lectores de pantalla poidan facer a súa labor e a ter empatía con quen nos le.

Incluso hai servizos (iniciativas) como #AltText4Me para intentar axudar a quen o precise.

Todos os clientes coñecidos teñen no seu editor un apartado para engadir esta descrición.

A veces vexo un certo patrón, como se fose cool ou algo así tirar aí unha imaxe e que se apañen, unha artistada snob.

Xa pode ser ben fermosa que non lle poño nin estreliña ⭐

De etiquetar as nosas publicacións idioma #galego xa falamos outro día.

3
3 comments